OPS! em Moanha

“@s moz@s de 1º Bach asistiron aos obradoiros de achegamento á lusofonía na Biblioteca do Insti impartidos polo Quique Martíns e ofertados pola AGAL.

Foi unha iniciativa promovida polo EDNLinguaquetraba que tivo moi boa acollida. Tamén colaborou o Departamento de Galego e nomeadamente o seu profesor Moisés.

De feito @s 60 alumn@s comprobaron como con só mudar unhas cousiñas e atendendo a uns cantos trucos xa eran competentes para se defender en portugués e así acceder a ese basto mundo que abre a lusofonía. E todo de xeito freco e interactivo. Moito obrigado ao mestre.”

A lingua que traba: blog do EDNL do IES As Barxas

OPS! em Ponte Areias

Em 16 de março, a professora Loaira Martínez deslocou-se a Ponte Areias para ministrar um ateliê ‘OPS! O Português Simples’ ao alunado de 4º da ESO do IES Pedra da Auga.

A atividade, organizada pelo departamento de Normalização Linguística, tinha como finalidade mostrar a cultura do nosso país vizinho assim como a do resto dos países da Lusofonia e identificar as variedades portuguesa e galega da língua como procedentes da mesma raiz.

OPS! no Português Perto de Ourense

 

“Ao obradoiro ‘OPS! O galego como oportunidade competitiva e privilexiada’ asistiu o alumnado da materia Patrimonio Cultural, impartida pola antropóloga Fátima Braña no segundo curso do grao de Turismo. Seguindo o modelo dos obradoiros celebrados en anteriores edicións de Portugués Perto, a sesión tivo un carácter principalmente práctico co obxectivo de que os asistentes se fixesen conscientes das portas que lles abre o galego no mundo, non só desde un punto de vista de enriquecemento cultural senón tamén de desenvolvemento profesional. ‘A lingua é un patrimonio cultural fundamental e é necesario que o alumnado a teña en conta non só como un medio de expresión e identidade senón tamén de crecemento profesional’, explicou Fátima Braña. Este obradoiro, apuntou a docente, dá en cada edición moi bos resultados, abrindo ao alumnado asistente unha nova perspectiva sobre a lingua galega e a portuguesa.”

O galego, unha chave para acceder “case sen esforzo” ao mundo lusófono, Rosa Tedín